Amoroce, Amoroce, Celanova

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Amoroce é unha aldea do concello ourensán de Celanova, situado a 1,6 quilómetros desta localidade.

Esta aldea, xunto con outras doce máis (Barreiros, Carballeira, Casal, Casbasco, Casiña, Goterre, A Granxa, Mociños, Outeiro, Quintairos, Rial e Sampli), pertence á parroquia de Santiago de Amoroce, dependente do concello e arciprestazgo celanovés, e da diócese de Ourense. A súa poboación total ronda os 50 habitantes, sendo a de toda a parroquia dunhas 300 persoas.

É un claro exemplo de dispersión xeográfica minifundista, formada por varias aldeas que teñen á parroquia como vínculo de unión, coa súa igrexa, Santo patrón, camposanto, festas, etc..

Aquí impartiu docencia primaria o escritor, pedagogo e poeta ourensán Albino Núñez Domínguez, mestre moi querido entre os veciños das distintas aldeas que formaban a parroquia de Santiago de Amoroce.

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Celanova

Acevedo do Río (San Xurxo) | Alcázar de Milmanda (Santa María) | Amoroce (Santiago) | Ansemil (Santa María) | Barxa (San Tomé) | Bobadela (Santa María) | Cañón (San Lourenzo) | Casardeita (Santiago) | Castromao (Santa María) | Celanova (San Rosendo) | Fechas (Santa María) | Freixo (Santa Cristina) | Milmanda (Santa Eufemia) | Mourillós (San Pedro) | Orga (San Miguel) | Rabal (San Salvador) | A Veiga (San Paio) | Vilanova dos Infantes (San Salvador) | Viveiro (San Xoán)

Lugares da parroquia de Santiago de Amoroce no concello de Celanova na Provincia de Ourense

Amoroce | Barreiros | Carballeira | Casal | Casbasco | Casiña | Goterre | A Granxa | Mociños | Outeiro | Quintairos | Rial | Sampli

Ferramentas persoais