Amorgos - Αμοργóς

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amorgos - Αμοργóς
Vista da illa
Amorgos-1.jpg
Datos
Capital Amorgos
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Cícladas
Linguas Grego
Poboación (2010) 1.859 hab.
Superficie 121 km²
Densidade 15´3 habitants/km²
Coordenadas 36°50′N 25°54′E / 36.833°N 25.900°E / 36.833; 25.900
Maior Altura 823 m. Chorafakia
Localización
Localización  da illa

Amorgos (en grego Αμοργóς) é unha illa grega do Mar Exeo, a máis occidental do grupo das Cícladas e a máis próxima ao arquipélago veciño do Dodecaneso, situada ao sueste de Naxos, a 138 millas mariñas do porto do Pireo. Ten unha superficie de 121 km² e 112 km de costa. A súa poboación era de 1.800 habitantes en 1995. Ten dous portos, ambos na costa enfronte de Naxos: Katàpola ao oeste e Egiali ao leste. O punto máis alto está no extremo leste da illa, na cima do Kríkelo (821 m). A capital da illa é Amorgos, ou Khora, situada no interior, a 320 m por encima de Katàpola.

O Monte Krikellos ao leste de Egiali culmina a 821 m.

Amorgos foi sempre considerada como unha «illa estéril». Homero dicía dela que era unha «illa espida».

O lugar máis coñecido da illa é o pequeno mosteiro de Khozoviótissa, fundado no século XI, que colga no medio dun cantil a 300 m sobre o mar na costa este, e que aparece na película O grande azul de Luc Besson.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa xa foi habitada durante o neolítico (puntas de frecha de obsidiana remóntanse ao -4500) e tivo a súa idade de ouro durante o cicládico do III milenio adC.

Unha ducia de acrópole con palacios foron identificadas. Amorgos producía numerosos ídolos cicládicos.

Tamén se identificaron restos da época minoica en Minoa.

Antigamente tiña tres cidades, todas na costa oeste: Minoa (no centro), Arkesini (ao sur) e Egiali ou Aigiale (ao norte), das cales xa non existen máis que ruínas. Unha cidade chamada Melania podería ser a mesma Egiali. Minoa e Egiali foron colonias milesias.

Amorgos caeu en Época Arcaica baixo dominio de Naxos, despois Samos. Integrouse na confederación de Delos. Despois pertenceu aos Ptolomeos .


A illa foi utilizada repetidamente como destino de exilio de personaxes indesexables durante o Imperio Romano e o bizantino.

Foi presa dos piratas e estivo practicamente deserta ata a fundación do mosteiro de Chozoviotissa.

Foi anexionada por Marco Sanudo ao Ducado de Naxos. O kastro venecianon de Chora foi construído entón. A illa baleirouse de novo aos poucos antes de ser conquistada por Barbarroxa en 1537 e ocupada polos otománs.

Amorgos foi liberada co resto das Cícladas en 1832 e pasou a formar parte do recentemente constituído Reino de Grecia. Durante a Ditadura dos Coroneis volveu servir como lugar de exilio de 1967 a 1974.

O Mosteiro de Panaghia Chozoviotissa[editar | editar a fonte]

Mosteiro de Panaghia Chozoviotissa Amorgos (1987)

Este mosteiro é un dos máis impresionantes de Grecia e unha das máis antigas construcións das Cícladas.

A súa fundación remóntase a [1017]]. sería restaurado ou verdadeiramente fundado polo emperador bizantino Aleixo I Comneno en 1088. O mosteiro sería creado para salvar unha icona salvada dos iconoclastas por unha muller piadosa orixinaria de Khozova, unha cidade de Terra Santa, aínda non identificada.

Está construído literalmente no flanco dun cantil, a 300 m sobre o mar. Por un sitio o mosteiro non ten máis de 1,50 de ancho. A capela foi instalada nunha das anfractuosidades da roca. Tournefort, no seu Voyage d'un botaniste (1700) di que el «parece de lonxe un armario aplicado cara abaixo dunha roca espantosa, cortada naturalmente en picado». Estímase que un centenar de monxes podían aloxarse aquí. En 1989, non había máis que dous. Logo das evolucións políticas de Europa do Leste, de numerosos novos monxes de orixe rusa instaláronse en Amorgos, como noutros mosteiros de Grecia.

Este mosteiro, cuxos muros son dunha extremada brancura, ten o aspecto dunha fortaleza.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Amorgos conta con 360 capelas bizantinas para unha superficie de 131 km².

Ten unha serie de muíños máis ou menos en ruínas ou abandonados dominando a cidade de Chora.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amorgos - Αμοργóς