Ammiano Marcelino
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ammiano Marcelino (en latín Ammianus Marcellinus), nado en Antioquía ca. 330 e finado en Roma ca. 400, foi un historiador romano de orixe grega-
[editar] Traxectoria
Entrou no exército moi novo, con Constantino II, co cargo de protector domesticus (auxiliar dos grandes comandantes militares) e participa en misións delicadas en Galia e na fronteira persa. Á morte do emperador Xuliano (363) abandona o exército e establécese en Roma, onde escribe unha historia do Imperio Romano dende a ascensión de Nerva no ano 96 ata a morte de Valente na Batalla de Adrianópolis en 378, continuando o traballo de Publio Cornelio Tácito. A historia (Res Gestae Libri XXXI) estaba composta de 31 libros, pero os primeiros trece perdéronse. Os conservados abranguen entre o 353 e o 378.
[editar] Vésase tamén
[editar] Ligazóns externas