Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Amán - عمان |
| [[Ficheiro:|120px]] |
 |
|
|
| Situación xeográfica |
 |
| Estado: |
Xordania |
| Rexión: |
|
| Subrexión: |
|
| Distrito: |
|
| Xeografía |
| Altitude: |
777 msnm |
| Superficie: |
1.680 km² |
| Poboación |
| Poboación total: |
1.919.000 hab. (2004) |
| Densidade de poboación: |
hab/km² |
| Xentilicio: |
|
| Información |
| Código postal: |
|
| Alcalde: |
Omar Al-Maani |
| Sitio na web: |
www.ammancity.gov.jo |
Amán (Árabe: عمان ʿAmmān), a capital do reino de Xordania, con máis de 1.200.000 de habitantes, e o centro comercial, industrial e administrativo do país.
Os primeiros restos de ocupación humana datan de arredor do 6.500 a.C., durante o Neolítico, os xacementos arquelóxicos indican non só un asentamento permanente, tamén unha grande actividade artística. No século XIII a.C. converteuse na capital dos amonitas co nome de Rabbath Ammon. Conquistado posteriormente polos asirios, os persas, os gregos que lle deron o nome de Philadelphia. No século I a.C. a cidade pasou ao dominio romano e entrou na liga das dez cidades.
No 324 o cristianismo converteuse na relixión do imperio e en Philadelphia asentouse un bispo. Baixo os Omeias e Abásidas a cidade viviu unha auténtica época de explendor. Diversos terremotos e desastres arruinaron a cidade ata que en 1887 aséntanse na cidade os circasianos. En 1921 Abdullah elixe Amán como sede do seu novo goberno e máis tarde capital do Reino de Xordania. Amán seguíu a ser unha pequena cidade ata 1948, cando a poboación medrou de súpeto como resultado da chegada de refuxiados palestinianos.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: