Amizade por correspondencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha amizade por correspondencia (tamén coñecido cos nomes en inglés penpals, pen-pals ou pen friends) é unha relación de amizade de xente que se comunica vía correo postal ou novas tecnoloxías como redes sociais ou correo electrónico.

Fíns[editar | editar a fonte]

Unha amizade por correspondencia ten como algúns dos fins a práctica e aprendizaxe dunha lingua estranxeira, mellorar a alfabetización, saber máis doutros países e culturas, e facer amigos. Como calquera outra amizade na vida real, algunhas persoas permanecen sendo amigos por correspondencia por só un curto período de tempo, mentres que outros o seguen sendo toda a vida. Algúns chegan a coñecerse en persoa; ás veces chegando a ter un romance serio, ou incluso uníndose en matrimonio.

Unha amizade por correspondencia non depende de idades, nacionalidades ou culturas. Mais os que procuran unha amizade por correspondencia poden ter un obxectivo claro como a idade, determinada ocupación, afeccións, ou unha persoa totalmente diferente para adquirir coñecemento sobre o mundo do seu redor.

Unha variación moderna sobre a amizade por correspondencia é ter un keypal, que consiste no envío de correos electrónicos en vez de cartas de papel, aínda que tamén poden facer ambas cousas. Aplicacións como WhatsApp, Skype ou Facebook axudan á credibilidade da existencia da outra persoa. Isto ten a vantaxe de aforrar diñeiro e sendo máis inmediato, permitindo que moitas mensaxes poidan ser trocadas nun curto período de tempo. A desvantaxe é que a comunicación pode ser moi efémera xa que as mensaxes de correo electrónico non son rutineiramente gardadas. Moita xente prefire recibir cartas de papel, gañando a satisfacción de ver o seu nome impreso nun sobre ou o persoal de ler a letra da outra persoa.[Cómpre referencia]

Na actualidade existen redes sociais para procurar amigos por correspondencia como Paljit , Pen Pal Passions ou InterPals, tendo esta última máis de 3 millóns de usuarios.[1] Nestas redes sociais, a xente procura amizades, amizades por correspondencia, ou incluso relacións sentimentais ou sexuais.

Existe tamén, dende o 2000, unha rede social para ter unha amizade por correspondencia con presos. Co nome de WriteAPrisoner.com conta con 78.000 usuarios aproximadamente. Algúns estados como Missouri, Indiana, e Florida interpuxeron restricións legais ao funcionamento do sitio web, argumentando que constitúen violacións á Primeira Emenda da Constitución dos Estados Unidos.[Cómpre referencia] O creador do sitio, Adam Lovell, defendeu o beneficio social que xera o contacto entre prisioneiros e o resto da sociedade posto que esta comunicación incide positivamente na redución da reincidencia.[Cómpre referencia]

Organizacións[editar | editar a fonte]

Moitos penpals coñécense mediante organizacións que unen xente para este fin.

As organizacións poden ser divididas en tres categorías principais: de balde, subscrición parcial, e subscrición total. As organizacións ou redes sociais de balde están xeralmente financiados por publicidade e os perfís non son revisados, tendo en conta que as organizacións con subscricións normalmente non conta ningún tipo de publicidade e hai administradores que aproban perfís na base de datos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "InterPals Penpals - About Us". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2015. Consultado o 15 de xullo de 2015.