Samsun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Amisos»)
Modelo:Xeografía políticaSamsun
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 41°17′12″N 36°19′48″L / 41.2867, 36.33Coordenadas: 41°17′12″N 36°19′48″L / 41.2867, 36.33
EstadoTurquía
ProvinciaSamsun (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Samsun (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.368.488 (2022) Editar o valor em Wikidata (1.297,15 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.055.000.000 m² Editar o valor em Wikidata
Altitude20 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal55 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0362 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Samsun é unha cidade situada ao norte de Turquía, na costa do Mar Negro, que contaba cunha poboación de 423.859 habitantes en 2007.[1]

Samsun foi a antiga colonia grega de Amisos, fundada no século VII a.C.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Samsun está situada entre dous deltas fluviais. Está á final dunha antiga rota que partía de Capadocia. A antiga Amisos estaba no cabo ao noroeste da actual cidade Ao leste de Samsun discorre o río Kızılırmak ("Río Vermello", o Halys da antigüidade), un dos ríos máis longos de Anatolia, cun fértil delta. Ao leste flúe o río Yeşilırmak ("Río Verde", o Iris da antigüidade), co seu delta.

Réplica do transbordador SS Bandırma, que levou a Atatürk de Istambul a Samsun, a onde arribou o 19 de maio de 1919, data que tradicionalmente marca o inicio da Guerra da Independencia turca.

Historia[editar | editar a fonte]

Pezas de ánforas frixias: cabeza de ganso e cabeza de camelo. (Museo Británico).

Amisos foi unha cidade do Ponto, na parte occidental da baía de Amiseno na costa do mar Negro.

Teopompo dixo que fora unha colonia de Mileto.[2] Pero Escimno de Quíos dicía que fora colonia de Focea, fundada contra o ano 559 a.C. É posíbel que nun principio fora milesia e despois fora poboada polos focenses. Chegou a ser a máis próspera de todas as colonias da costa do mar Negro, tras Sinope. No século III a.C. pasou aos reis do Ponto. Mitrídates VI Eupátor agrandouna cun barrio chamado Eupatoria, probabelmente separado do resto da cidade.

Resistiu durante bastante tempo os ataques do exército romano de Lucio Licinio Lúculo no 71 a.C., durante as chamadas guerras Mitridáticas, pero ao final o xeneral romano a ocupou. Farnaces, fillo de Mitrídates, recuperou máis tarde a cidade, pero foi finalmente derrotado por Xulio César na batalla de Zela, converténdoa en cidade libre no ano 47 a.C. Marco Antonio entregouna ao rei Polemón I contra o 36 a.C.[3]

Foi outra vez unha cidade (ignórase se dentro ou fóra do reino), baixo o rei indogrego Estratón II. Despois da batalla de Actium, en 31 a.C., Estratón foi eliminado e volveu ser unha cidade libre, status que conservou durante o Imperio romano. Traxano respectou as súas leis e a cidade pasou a chamarse Pompeiópole, da que descubriron restos arqueolóxicos.

Formou parte do Imperio bizantino até 1204, e despois do convulso período de 1205 en que Nicea e Trebisonda disputaron o Ponto, no 1206 caeu baixo o dominio do Imperio de Trebisonda. En 1277 foi ocupada polos turcománs, baixo os cales a cidade pasou a chamarse Samsun.

Samsun foi a cidade onde Mustafa Kemal iniciou a Guerra de Independencia Turca, o 19 de maio de 1919. O 19 de maio é unha das festividades nacionais turcas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. World Gazetteer[Ligazón morta] Censo de Samsun. Consultado o 28 de outubro de 2008.
  2. History
  3. Finlay, George (1877): A History of Greece from its Conquest by the Romans to the Present Time. Oxford: Clarendon Press, vol. 4, pp. 322-325.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]