Aminoazucre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En química, un aminoazucre é un monosacárido que contén un grupo amino, que ocupa o lugar dun dos grupos hidroxilo do azucre, xeralmente o unido ao carbono 2. [1] [2] Son exemplos a glicosamina e a galactosamina.

O nome sistemático dos aminoazucres é x-amino-x-desoximonosacárido. Por exemplo, a glicosamina sería 2-amino-2-desoxi-D-glicopiranosa.

Existen outras substancias que tecnicamente non serían aminoazucres, pero que se poden considerar derivados de aminoazucres que xa non teñen un grupo amino libre. Entre eles están os derivados N-acetilados como a N-acetilglicosamina ou a N-acetilgalactosamina e os ácidos siálicos. Estas substancias atópanse formando parte de polisacáridos como a quitina e o peptidoglicano ou de glicosaminoglicanos ou glicoproteínas.

Os aminoglicósidos son conxugados de varios aminoazucres derivados que poden estar unidos a aminociclitois. Son compostos de orixe microbiana con propiedades antibióticas, que inhiben a síntese proteica bacteriana, como por exemplo a estreptomicina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IUPAC Gold book Amino sugars
  2. Amino sugar, Encyclopedia of Science & Technology Online

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • MeshName - Amino+Sugars [1]