American Horror Story

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
American Horror Story
Ecran Titre d'American Horror Story.png
Logo de American Horror Story.
Xénero Drama
Terror
Suspense
Creado por Ryan Murphy
Brad Falchuk
Intérpretes Dylan McDermott
Connie Britton
Evan Peters
Taissa Farmiga
Denis O'Hare
Jessica Lange
País de orixe Flag of the United States.svg Estados Unidos
Lingua(s) Inglés
Número de temporadas 1
Número de episodios 12 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es) executivo(s) Dante Di Loreto
Brad Falchuk
Ryan Murphy
Bradley Buecker (coexecutivo)
Produtor(es) Alexis Martin Woodall
Patrick McKee
Editor(es) Bradley Buecker
Doc Crotzer
Localización(s) Os Ánxeles, California
Duración 52 minutos ("Pilot" e "Afterbirth")
38 – 42 minutos
Distribuidor 20th Century Fox Television
Emisión orixinal
Canle de orixe FX
Tempo de emisión 5 de outubro de 2011 – presente
Ligazóns externas
Páxina web

American Horror Story (en galego, Historia de terror estadounidense) é unha serie de televisión de terror e drama creada e producida por Ryan Murphy e Brad Falchuk. A primeira temporada da serie céntrase na historia da familia Harmon, formada por Ben, Vivien e mais a súa filla Violet, que se muda de Boston aos Ánxeles despois de que Vivien teña un aborto e Ben teña unha relación extramatrimonial. O seu novo fogar é unha mansión restaurada, que semella encantada polos habitantes anteriores.

A serie tivo a súa estrea o 5 de outubro de 2011 e emítese na cadea de televisión de pago FX nos Estados Unidos de América,[1] cunha primeira temporada que consta de 12 episodios. O 31 de outubro de 2011, FX anunciou que a serie fora renovada por unha segunda temporada doutros 13 episodios máis[2] con posibilidade de ampliación a máis episodios.[3] O 22 de decembro de 2011, Murphy anunciou os seus plans de cambiar o reparto e a localización para a segunda temporada.[4]

American Horror Story foi ben recibida pola crítica, con moitas loanzas á súa natureza horrenda e presentación única.[5] A serie foi candidata a varios premios nos Globos de Ouro, entre os que destaca o premio á mellor serie de televisión na categoría de drama.[6] Finalmente, Jessica Lange gañou o premio á mellor actriz de reparto de serie, miniserie ou telefilme.[7]

Índice

Argumento [editar]

American Horror Story segue a historia da familia Harmon: Ben (Dylan McDermott), Vivien (Connie Britton) e Violet (Taissa Farmiga). Os Harmon múdanse de Boston aos Ánxeles despois de que Vivien dese a luz un feto morto e Ben tivese unha relación extraconxugal cunha das súas estudantes. A familia trasládase a unha mansión restaurada, que semella maldita. Mentres que Ben e Vivien intentan recuperar a súa relación, Violet, que sofre depresión, atopa consolo en Tate.

Reparto [editar]

Principal [editar]

Recorrente [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]