American Dad!
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
American Dad! é unha serie de animación creada por Seth MacFarlane, tamén creador de Family Guy, para a canle FOX.
Argumento[editar]
A historia trata sobre a vida de Stan Smith, un pai de familia republicano, conservador e altamente paranoico e patriótico que traballa na CIA. A familia está formada polo seu fillo Steve de 14 anos, a súa filla Hayley de 18 anos, a súa muller Francine, un alieníxena chamado Roger, e Klaus, un peixe co cerebro dun esquiador olímpico alemán.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa televisión que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |