American Airlines Center

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
American Airlines Center
American Airlines Center outside.jpg
Flag of the United States.svg AAC
Datos
Localización Flag of Texas.svg Dallas, Texas
Construción
Inauguración 17 de xullo de 2001
Arquitecto David M. Schwarz
HKS Inc.
Johnson/McKibben
Custo $420 millóns USD
Estadio
Capacidade Baloncesto: 21.041
Hóckey sobre xeo: 18.532
Propietario Center Operating Company, L.P.
Localía Dallas Mavericks (NBA)
Dallas Stars (NHL)

O American Airlines Center, ás veces chamado AAC, é un pavillón localizado no barrio de Victory Park, preto do centro de Dallas, Texas, que é usado para partidos de baloncesto da National Basketball Association (NBA) dos Dallas Mavericks e de hóckey sobre xeo da National Hockey League (NHL) dos Dallas Stars. Tamén é utilizado para concertos.

Historia[editar | editar a fonte]

Para o ano 1998, os Dallas Mavericks, o seu dono Mark Cuban e os Dallas Stars indicaban o seu desexo de substituír o seu pavillón (o Reunion Arena) por un novo. Os residentes de Dallas aprobaron a introdución de impostos novos nos hoteis e na renda para pagar o novo fogar dos Mavs e dos Stars.

Moitos confunden o nome co AmericanAirlines Arena, pavillón de Miami Heat. Ironicamente, en 2006, os dous equipos chegaron ás Finais, nunha serie ao mellor de sete, que terminou con catro vitorias dos de Florida. Os Mavericks que venceran os 2 primeiros xogos en casa, perderon o resto dos partidos. As series acabaron sendo coñecidas como as "American Airlines Series".

Equipos[editar | editar a fonte]

O American Airlines Center é o fogar dos seguintes equipos:

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

WikiProject Ice Hockey logo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]