Amenhotep fillo de Hapu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amenhotep fillo de Hapu, Museo de Luxor

Amenhotep fillo de Hapu, en exipcio Amenhotep sa Hapu, nado contra o 1440 a.C. e finado contra o 1360 a.C., foi un arquitecto exipcio que estivo ao servizo do faraón Amenofis III.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Athribis. Seu pai, Hapu ou Habu, era escribán e sacerdote, e a súa nai chamábase Ity.

Entrou ao servizo do faraón, chegando a obter numerosos títulos, algúns militares, outros relixiosos e outros civís; entre os derradeiros o principal foi o de Xefe de todos os traballos do rei o que viña a equivaler ás funcións de arquitecto real.

Deseñou un templo en Tebas do que só fican os coñecidos colosos de Memnón. Outras edificacións foron templos en Luxor, Karnak ou Soleb e aínda o Pazo de Malkata en Tebas.

Puido alzar a súa tumba próxima a do faraón, nun templete funerario que foi autorizado polo mesmo Amenofis III.

Amenhotep morreu á idade duns 80 anos, arredor do 1360 ou 1350 a.C., durante o tricésimoprimeiro ano do reinado de Amenofis III. Certas hipóteses, que recollera o sacerdote exipcio Manetón, suxiren que foi asasinado ou obrigado a se suicidar por instigación de seguidores do deus Atón (pois foi un afervoado seguidor de Amón).

Culto[editar | editar a fonte]

un dos colosos de Memnón, obra de Amenhotep fillo de Hapu

No período ptolemaico foi adorado como un deus sanador, ao igual que o seu predecesor Imhotep, gozando en Tebas dalgunhas capelas dedicadas.

Iconografía[editar | editar a fonte]

Consérvanse varias representacións do arquitecto na que aparece como un escribán sentado, ben na súa xuventude ou ben na ancianidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Amenhotep fillo de Hapu

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]