Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Ambreixo |
|
| Concello |
Palas de Rei |
| Área |
- km² |
| Poboación |
(Ano 2009) 19 hab. |
| Densidade |
- hab./km² |
| Entidades de poboación |
5 |
San Vicenzo de Ambreixo é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 contaba con 19 habitantes, deles 13 eran homes e 6 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 25 habitantes.
[editar] Patrimonio
Igrexa de San Vicenzo de Ambreixo, de estilo románico que conserva case íntegra a fábrica orixinal. Ten unha nave de planta rectangular cunha única portada con arco de medio punto de dúas arquivoltas, a interior de aresta viva, cun lintel monolítico, liso e imposta de billetes sobre xambas de baquetiñas. Sobre a portada hai unha fiestra rectangular, e culmina o fronte unha espadana dun van. O presbiterio é de planta cadrada, separado da nave por un arco triunfal de medio punto rebaixado. A nave ten dúas seteiras nos muros laterais e baixo o tellado rústicos modillóns xeométricos.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Ambreixo
[editar] Parroquias de Palas de Rei
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas