Ambigüidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo dunha imaxe ambigua: ás veces vese un coello, ás veces vese un pato.

A ambigüidade na pragmática existe cando unha forma ten dous ou máis significados.

Ambigüidade léxica[editar | editar a fonte]

Ambigüidade en forma de morfema ou palabra. Dáse cando nun lexicón unha entrada permita máis dunha interpretación para unha soa palabra, é dicir, dáse cando unha mesma palabra admite dous ou máis significados distintos. Ofrece problemas de comprensión ó receptor, a única solución é recorrer ó contexto ou á situación.

Homonimia[editar | editar a fonte]

As palabras soan igual pero os seus significados son diferentes. Hai unha coincidencia gráfica de dúas ou máis palabras que teñen significados distintos. Prodúcense por coincidencia dos significantes de diversos signos.

  • Banco .-Establecemento público de creto, constituído en sociedade por accións.
  • Banco .-Establecemento médico onde se conservan e almacenan órganos, tecidos ou líquidos fisiolóxicos humanos para cubrir necesidades cirúrxicas, de investigación etc.
  • Banco .-Conxunto de peixes que van xuntos en gran número.

Homofonía[editar | editar a fonte]

Palabras que se pronuncian igual pero a súa escrita e os seus significados son diferentes.

  • Vaca - baca

Homografía[editar | editar a fonte]

Palabras cuxa escrita e pronunciación son idénticas, aínda que os seus significados sexan distintos.

acha (anaco de madeira), acha (verbo).

Ambigüidade estrutural[editar | editar a fonte]

Dáse nunha oración ou frase cando ten dous ou máis significados debido á estrutura, xa sexa polo agrupamento ou a distinta función gramatical:

Ambigüidade de agrupamento[editar | editar a fonte]

Oración que ten dúas estruturas posibles, por exemplo, o seguinte letreiro: Alúgase vivenda con garaxe / para mozas / con calefacción (¿as mozas teñen que ter calefacción?) ou a secuencia Véndense zapatos de pel de señora.

Ambigüidade funcional[editar | editar a fonte]

Dáse cando unha palabra ou frase completa dous ou máis relacións gramaticais, os morfemas e grupos son iguais para ambos significados: Pasarei só este verán aquí.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.