Amando de Ossorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amando de Ossorio
Nome completoAmando de Ossorio Rodríguez
Nacemento6 de abril de 1918
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento13 de xaneiro de 2001
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de cinema e guionista
Na rede
IMDB: nm0652261 Allocine: 63377 Allmovie: p87169 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Amando de Ossorio, nado na Coruña o 6 de abril de 1918 e finado en Madrid o 13 de xaneiro de 2001, foi un director galego de cinema de terror.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou traballando como xornalista na Coruña en Radio Nacional de España. Estudou en Madrid, onde realizou as súas primeiras curtametraxes e opositou ao Banco Español de Crédito. Foi trasladado á Coruña e colaborou con La Voz de Galicia e Radio Nacional. En 1949 regresou a Madrid de forma definitiva. Na década de 1950 fai curtametraxes publicitarias e traballa como guionista e axudante de dirección. A súa primeira película, La bandera negra, tivo problemas coa censura por rodarse se permiso oficial.

A súa etapa máis prolífica foi durante a década de 1970, especialmente co filme La noche del terror ciego, a partir do cal formaría unha tetraloxía de serie B verbo dunha horda de xinetes templarios zumbis. A este filme seguiríanlle, cos mesmos protagonistas, El ataque de los muertos sin ojos, El buque maldito e La noche de las gaviotas. Esta serie foi, xunto coa do lobishome Waldemar Daninsky (ideado e interpretado por Paul Naschy), a máis sobranceira do cine fantástico-terrorífico feito en castelán.

Las Garras De Lorelei, posterior a ela, trataría sobre unha serie de sanguentos crimes nunha vila costeira, a cargo dun estraño monstro descrito por vellas lendas locais. En 1980 rodou en Camariñas Pasión prohibida, protagonizada por Susana Estrada. Logo de problemas co produtor José Sánchez Vaquero pediulle axuda para o financiamento a Chicho Ibáñez Serrador, quen lle pediu que introducise escenas eróticas. O filme tivo boa acollida. A súa última película, Serpiente de mar, foi rodada na súa terra natal, a Costa da Morte, mais estivo lastrada por importantes problemas de produción e de saúde do propio Ossorio.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Benedetti, I. (1999): Amando de Ossorio. Un galego fantástico. A Coruña, Servizo de Extensión Universitaria.
  • Fernández, M. A. (2007): Rodado en Galicia. ISBN 84609459X. Páx. 246.