Amancio Landín Jaraiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAmancio Landín Jaraiz
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1947 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiólogo , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAmancio Landín Carrasco Editar o valor em Wikidata

Amancio Landín Jaraiz, nado en Pontevedra o 27 de xaneiro de 1947, é un biólogo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Amancio Landín Carrasco. Licenciado en Ciencias pola Universidade Complutense de Madrid, en 1972 incorporouse ao Plan de Explotación Marisqueira de Galicia, onde foi asesor das confrarías de pescadores. En 1976 foi nomeado encargado da ría de Pontevedra. En 1980 foi nomeado director do Centro Experimental de Vilaxoán e en 1981 xefe do departamento de Crustáceos. En 1994 asumiu a delegación territorial en Pontevedra da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia e en 1995 director xeral de Marisqueo e Acuicultura. En decembro de 1997 foi nomeado Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, posto no que permaneceu ata 2001. Despois foi director do Centro Tecnolóxico do Mar de Vigo (CETMAR).


Predecesor:
Juan Caamaño
 
conselleiro de Pesca
 
1997 - 2001
Sucesor:
Henrique López Veiga

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]