Amadou & Mariam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amadou & Mariam
Amadou & Mariam.jpg
Mariam Doumbia e Amadou Bagayoko ó vivo
Información
Orixe Bamaco, Mali Malí
Período 1974 - actualidade
Xénero(s) Worldbeat e música tradicional de Malí
Selo(s) discográfico(s) Because Music e Nonesuch Records
Membros Amadou Bagayoko
Mariam Doumbia
Antigos membros
Web oficial Amadou-Mariam.com

Amadou & Mariam é un dúo musical de Malí composto por Amadou Bagayoko (guitarrista e cantante), nado en Bamaco o 24 de outubro de 1954, e por Mariam Doumbia (cantante), nada na mesma cidade o 15 de abril de 1958.

Índice

Traxectoria [editar]

O dúo, coñecido como "a parella cega de Malí", coincidiu no instituto para mozos cegos no que estudaron. Entre 1974 e 1980, Amadou formou parte do grupo Les Ambassadeurs du Hotel. Nese último ano, a parella contraeu matrimonio e comezou a facerse notar no ámbito musical. Pola súa banda, Amadou continuou coa súa exitosa carreira como solista e dirixiu ós programas musicais do instituto para cegos. Porén, será o ano 1985 cando acaden un importante recoñecemento internacional, facendo xiras por Burquina Faso.

No 2003 fan unha colaboración co artista Manu Chao, quen produce o seu disco Dimanche à Bamako. No 2006, participaron na gravación de Celebrate the day, o himno oficial do Mundial de Fútbol de Alemaña xunto con Herbert Grönemeyer.

O seu oitavo álbum musical chamado Folila saíu á venda o 2 de abril do 2012.

Discografía [editar]

Álbums musicais [editar]

Recompilacións [editar]

  • 2005 : Je pense à toi: The Best of Amadou & Mariam
  • 2006 : 1990–1995 Le Meilleur des Années Maliennes
  • 2007 : Paris Bamako (DVD + CD 12 titres live)
  • 2009 : The Magic Couple: The Best of Amadou & Mariam 1997–2002

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]