Amadeo Varela Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAmadeo Varela Rodríguez
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor em Wikidata
Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte2002 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , avogado , político Editar o valor em Wikidata

Amadeo Varela Rodríguez, nado en Guanacoa (Cuba) en 1913 e finado en Ourense en 2002, foi un mestre, avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Retornou cos seus pais a Galicia en 1921. Estudou maxisterio na Escola Normal de Ourense. Mestre en Seixalvo (Ourense). Militou nas Mocedades Galeguistas. Foi un dos promotores da revista Espartaco. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de galeguista e comunista, expedientado e suspendido. Foi mobilizado e coincidiu na fronte de Asturias con Celso Emilio Ferreiro. En 1941 foi reposto. Fixo a carreira de dereito e abriu bufete na rúa do Progreso de Ourense en 1946. Dende 1959 fixo artigos compilatorios da actividade xurídica en Ourense. Foi colaborador e difusor de Vieiros en Galicia, o que lle custou o apercibimento por parte das autoridades, que lle abriron expediente sancionador en 1966. Organizou a homenaxe a Celso Emilio Ferreiro con motivo da súa marcha a Venezuela en 1966. Participou no I Congreso de Dereito Galego na Coruña en outubro de 1972.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Consuelo Carid.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]