Amós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O profeta Amós, de Gustave Doré

Amós foi un profeta menor do Antigo Testamento, autor do Libro de Amós, que viviu no reino de Xudá no século VIII a.C.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Amós era un pastor e cultivador de figos de sicomoro, a partir do 750 a.C. comezou a súa carreira profética no norte de Israel, en especial nas cidades de Samaria e Bet-El, denunciou con estilo directo e rudo a idolatría, as inxustizas sociais, a inmoralidade ética e o culto corrupto reducido á exterioridade. O seu ataque os sacerdotes e poderosos provocoulle numerosos inimigos e acusado polo sacerdote Amasías foi expulsado do templo de Bet-El.