Américo (cantante)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Domingo Jonhy Vega Urzúa, máis coñecido polo seu nome artístico Américo, nado o 24 de decembro de 1978 en Arica, é un cantante chileno de música tropical. Fíxose coñecido como líder da banda Américo y la Nueva Alegría, para despois comezar unha carreira en solitario. É o fillo do cantante Melvin Corazón Américo e Marcela Toledo. É o máis novo de oito irmáns.