América precolombina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

América precolombina, Era precolombina e Culturas Precolombinas son termos eurocentristas empregados a partir do século XIX para referirse tanto ás culturas de América antes da chegada de Cristóbal Colón en 1492, como ao período protohistórico nas que se desenvolveron. O termo precolombino en xeral, empregábase para describir calquera faceta de América anterior á chegada dos europeos.

Do mesmo xeito que prehispánico e precortesiano, precolombino é un adxectivo que foi utilizado arbitrariamente segundo as distintas correntes da ciencia social europea para dividir a historia de América no antes e no despois da chegada de civilizacións europeas aos seus territorios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Richard E. W. Adams (2000): Las antiguas civilizaciones del Nuevo Mundo, ed. Crítica Arqueología, Barcelona, ISBN 84-8432-105-3.

Outros artigos[editar | editar a fonte]