Amálgama (odontoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Amálgama.

En odontoloxía, fálase de amálgama, máis concretamente de "amálgama de prata", para referirse á aliaxe utilizada para obturar as cavidades feitas polas caries e así reestablecer a función masticatoria e devolver estabilidade ao sistema estomatognático mediante a reposición con este material dos tecidos perdidos. A amálgama colocarase nalgunha das cavidades de Black segundo o tipo de lesión que haxa que obturar. Sendo sempre retentivas xa que a amálgama non se adhire ao tecido dentario.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas