Amálgama (conxugación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Amálgama (lingüística)»)

A amálgama é un proceso de fusión de dous ou máis elementos lingüísticos (fonemas ou morfemas) de xeito que no resultado non pode percibirse xa o límite entre as compoñentes orixinais, nin en forma nin en significado. Por exemplo na conxugación do presente de indicativo de cantar aparecen unha raíz e dous morfemas, un de tempo e outro de número e persoa, evidentes sobre todo cando se compara coa conxugación noutros tempos, por exemplo o antepretérito e o subxuntivo:

Forma Significado (↓) / Formas dos morfemas (→) Raíz Presente
de indicativo
Presente
de subxuntivo
Antepretérito
de indicativo
Número
e persoa
cantas 2ª singular PresInd cant- -a- s
cantamos 1ª plural PresInd -a- mos
cantades 2ª plural PresInd -a- des
cantes 2ª singular PresSub -e- s
cantemos 1ª plural PresSub -e- mos
cantedes 2ª plural PresSub -e- des
cantaras 2ª singular Antepret -ara- s
cantaramos 1ª plural Antepret -ara- mos
cantarades 2ª plural Antepret -ara- des

Ata aquí todo parece coincidir:

  • morfemas de tempo
    • Presente de indicativo: -a-
    • Presente de indicativo: -e-
    • Antepretérito: -ara-
  • morfemas de número e persoa
    • 2 singular: -s
    • 1 plural: -mos
    • 2 plural: -des

Seguindo estas regras pódense deducir os morfemas de 3ª singular (0 ou nulo) e de 3ª plural (-n), pero ó chegar á 1ª singular (cantara, cante, canto) hai unha discordancia:

  • no Antepretérito (morfema de tempo: -ara-) o morfema de número é 0 ou nulo;
  • no Presente de subxuntivo (morfema de tempo: -e-) o morfema de número é tamén 0 ou nulo;
  • pero no Presente de indicativo (canto) o morfema de tempo -a- desaparece e aparece unha combinación de -a- + 0.

Este morfema -o reúne os significados de tempo, número e persoa, sen que se poida establecer unha división interna que asigne a cada parte cada un dos significados parciais. A amálgama faise patente sempre realizando a proba de conmutación e substitución lingüística entre tódalas formas do paradigma.

En realidade, esta amálgama dáse case sistematicamente na conxugación verbal entre:

  • o número e a persoa, de xeito que dificilmente é se pode definir un morfema de plural distinto do de singular (que nos substantivos é -s ou -es ou -is) separable do de persoa.
  • entre o tempo e o modo, de xeito que é difícil establecer uns morfemas distintivos de indicativo, subxuntivo, imperativo e formas impersoais do verbo