Sublevación do 18 de xullo de 1936
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Sublevación do 18 de xullo de 1936, denominada "Alzamento Nacional" polos sublevados contra o goberno da Segunda República Española e, posteriormente, o goberno franquista, refírese ao pronunciamento que se produciu entre o 17 e o 18 de xullo de 1936 e cuxo fracaso parcial conduciu á Guerra Civil Española. A historiografía moderna desfixo esta última denominación por ser partidista e inexacta.
Desenvolvemento en Vigo[editar]
Antonio Carreró Vergés, o "capitán Carreró", foi o militar que na Porta do Sol de Vigo leu un bando que declaraba o estado de guerra o 18 de xullo de 1936, o día en que estoupou a Guerra Civil Española. Morreu na fronte de Asturias o 27 de setembro dese ano. A súa comunicación valeulle que aquel lugar fose rebautizado co seu nome, inutilmente porque a maioría da poboación local lle seguía chamando co nome orixinal.
Outros cargos daquela época foron:
- Alcalde, daquela chamado Xestor Presidente: José Giménez García inicialmente, e pouco despois Estanislao Durán Gómez[Cómpre referencia]. A cidade contaba daquela con 73.566 habitantes e con Lavadores xuntaban case 110.000. Trala fin da Guerra Civil, foi Luis Suárez-Llanos, que gobernaría a 85.272 vigueses e 38.462 de Lavadores antes da incorporación do primeiro no segundo e 135.327 cidadáns xa en 1941;
- Gobernador Civil da provincia de Pontevedra: Francisco García Alted;
- Comandante Militar: Felipe Sánchez, alcumado Capillitas, por que consideraba as diverxencias políticas entre a dereita coma capeliñas e que o que había que facer era dejarse de capillitas y construir una gran catedral, ademais de ridiculizar a súa curta estatura. Co seu nome pretendeu bautizarse a Avenida do Areal. O seu cargo na fin da Guerra Civil era levado por Miguel Cuervo, Coronel Xefe da 82 División;
- Xefe provincial do Movemento e Conselleiro Nacional da FET y de las JONS: Jesús Suevos;