Alvar Peres de Castro
Alvar Peres de Castro, chamado o Vello, nado en 1310 e finado en 1384, foi un aristócrata galego, fillo de Pedro Fernández de Castro, señor de Lemos e da nobre portuguesa Aldonza Lorenço de Valladares.
Figura importante do reino de Galiza, tamén o foi do reino de Portugal, pois foi o primeiro Condestable de Portugale ostentou os títulos de Conde de Arraiolos e de Viana e señor de Cadaval e de Ferreira. Estaba emparentado coa antiga monarquía galega, e tamén coa castelá.
[editar] Traxectoria
En 1371 recibiu de mans de Fernando I de Portugal, rei de Portugal, o título de Conde de Viana. Foi nomeado en 1382, Condestable de Portugal, título creado por Fernando I de Portugal. Á súa morte, o cargo de Condestable de Portugal pasou a ser desempeñado por Nuno Álvares Pereira. Faleceu en 1384.
[editar] Xenealoxía
Foi fillo de Pedro Fernández de Castro, señor de Lemos, e da nobre portuguesa Aldonza Lorenzo de Valladares. Era neto por parte paterna de Fernando Rodrigues de Castro e de Violante Sánchez de Castela, filla ilexítima de Sancho IV de Castela. Por parte materna era neto de Lorenço Suarez de Valladares, señor de Tangil, e de Sancha Nunes Chacín. Foi medio irmán de Fernán Ruiz de Castro, señor de Lemos, e de Xoana de Castro, "A desamada", e irmán de Inés de Castro, segunda esposa de Pedro I de Portugal.
Contraeu matrimonio con María Ponce de León, filla de Pedro Ponce de León "o Vello", señor de Marchena e de Bailén e tataraneto do rei Afonso IX de León coa que tivo varios fillos:
- Beatriz de Castro e Ponce de León. Contraeu matrimonio en 1384 na cidade de Lisboa con Pedro de Lara, conde de Mayorga, fillo ilexítimo de Juan Núñez de Lara, señor de Lara e de Biscaia.
- Sabela de Castro e Ponce de León. Contraeu matrimonio en 1385 con Pedro Enríquez de Castela, conde de Trastámara, Condestable de Castela, e neto de Afonso XI de Castela.