Alvéolo dentario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un alvéolo dentario é unha cavidade dos ósos maxilares e da mandíbula onde se aloxan as pezas dentarias.

Estrutura e función[editar | editar a fonte]

Alvéolo dentario do segundo premolar dun bovino

O alvéolo existe en función dos dentes e, tras da perda destes, o alvéolo deixa de existir. A súa función principal é a de dar soporte aos dentes para poder cortar e mastigar os alimentos.

Os alvéolos dentarios son as divisións en compartimentos que presenta o óso alveolar onde van inseridos os dentes, e están separados entre si por un tabique interalveolar óseo.

O alvéolo presenta tres rexións, a das placas corticais, a esponxosa e a alveolar propiamente dita.

As placas corticais se dispóñense en sentido lingual e labial, formando una repisa de sostemento moi resistente de óso compacto, revestida por óso poroso, que constitúe a capa esponxosa.

Esta rodea a unha capa delgada de óso compacto, o óso alveolar propiamente dito, cuxa morfoloxía es reflexo da forma da raíz da peza dentaria situada no seu interior.

As paredes do alvéolo dentario están delimitadas por unha fina lámina do óso cortical que dá inserción ás fibras do ligamento periodontal.[1] [2] [3]

Patoloxía[editar | editar a fonte]

A tumefacción dos alvéolos dentarios pode dar lugar a alveolite, que causa dor e molestias na boca.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]