Alternancia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo alternancia ten varias acepcións:

  • En lingüística, a alternancia é un proceso polo cal non existe unha definición formal dun parámetro ou categoría lingüística. As situacións de alternancia sincrónica son expresión dunha evolución diacrónica en marcha. Dous exemplos poden ser os seguintes:
    • Cando un falante galego debe escoller entre o pronome acusativo te ou o dativo che para o complemento do verbo deixar (ou outros como mandar, etc.) construído cun infinitivo, pode vacilar na elección dependendo do contexto. Este fenómeno de alternancia aclárase cos seguintes exemplos
Deixeite marchar, onde marchar é intransitivo, e polo tanto o complemento de deixar aparece co clítico acusativo;
Deixeiche coller algo, onde coller é transitivo e pide un complemento directo, o que provoca que o complemento de deixar se substitúa polo pronome átono dativo;
    • Outra alternancia histórica é a das conxugacións en galego fronte ó portugués ou castelán medieval e actual: mentres o galego escolleu unha determinada conxugación (bater, render e converter na 2ª ou vivir, percibir e escribir na 3ª), o castelán ou o portugués decantáronse pola outra (batir, rendir e convertir en castelán ou viver, perceber e escrever en portugués)
  • En política, a alternancia no poder existe cando dous partidos maioritarios van substituíndose mutuamente no goberno, como os liberais e progresistas decimonónicos, os conservadores e progresistas nos EEUU ou o PSOE e o PP na España actual.