Alpha Orionis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Posición de Betelgeuse na constelación de Orión (en rosa)

Alpha Orionis (α Orionis / α Ori) ou máis coñecida coma Betelgeuse, é unha gran estrela vermella na constelación de Orión. É a décima estrela máis brillante no ceo, unha superxigante vermella. A cor característico desta estrela provén das baixas temperaturas do seu exterior (uns 3.000 K) e amosa que a estrela esgotou xa a maior parte do combustible nuclear que lle proporciona a súa enerxía (fusión do hidróxeno), polo que se atopa ao final da súa vida. As súas variacións de luminosidade indican tamén que se atopa lonxe da secuencia principal.

Betelgeuse e unha estrela xigante, razón pola que o seu brillo é tan elevado a pesares de atoparse a unha temperatura relativamente baixa. Non obstante, e malia ser a estrela α de Orión, non é a máis brillante, sendo Rigel, coñecida como β Orionis a estrela máis brillante da constelación.

Características[editar | editar a fonte]

Betelgeuse é unha estrela xigante vermella, e unha das maiores estrelas coñecidas, sendo de grande interese para a astronomía. O diámetro angular de Betelgeuse foi medido pola primeira vez en 1920-1921 por Michelson e Pease, sendo unha das cinco primeiras a seren medidas usando un interferómetro no telescopio de 100 polgadas do Observatorio de Monte Wilson. Seu diámetro varía entre 500 e 900 veces o do Sol. No diámetro máximo, a estrela seria maior que a órbita de Saturno, se colocada no lugar do Sol. A pesar de ser apenas 15 veces máis masiva que o Sol, é cerca de algunhas decenas de millóns de veces maior en volume, como unha bóla de fútbol comparada a un grande estadio de fútbol. A súa proximidade de Terra e o seu enorme tamaño, fan dela a estrela co terceiro maior diámetro angular, con vista da Terra[1], menor apenas que o Sol e R Doradus. É unha das 12 estrelas cuxo brillo real os telescopios actuais poden visualizar.

Supernova[editar | editar a fonte]

Os astrónomos prevéen que Betelgeuse pode pasar por unha explosión supernova tipo II. Porén, as opinións están divididas canto ó momento en que isto pode ocorrer. Algúns suxiren que a variabilidade actual é un sinal de que xa está na fase de queima de carbono de seu ciclo de vida, e debe sufrir unha explosión supernova aproximadamente nos próximos mil anos. Outros escépticos discordan dese punto de vista e afirman que a estrela debe sobrevivir moito máis tempo. Hai consenso sobre o feito de que a supernova sería un evento astronómico espectacular, pero non significaría ameaza para a vida na Terra, dada a enorme distancia da estrela. A estrela volveríase polo menos 10.000 veces máis brillante, o que significa un brillo equivalente ó dunha lúa crecente. Algúns cren que pode chegar ó brillo de unha lúa chea (mv = -12.5). Ese fenómeno duraría algúns meses, parecendo unha pequena lúa chea da cor dunha lámpada incandescente á noite e facilmente visible durante o día. Logo dese período a estrela apagaríase gradualmente ata que tras algúns meses ou anos desapareza completamente e Orión perda o ombro esquerdo.

Notas[editar | editar a fonte]