Alpha Leporis
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa astronomía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Alpha Leporis (α Leporis / α Lep), coñecida tamén coma Arneb é unha estrela, a máis brillante da constelación de Lepus, situada a 1.300 anos luz da Terra. É unha estrela vella e moribunda, que poida que pasara a fase de superxigante e agora se estea contraendo e pasando as últimas fases da evolución estelar ou quizais aínda está en expansión na fase de superxigante.