Alouette 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alouette 1
Alouette 1.
TipoEstudo da ionosfera e da atmosfera superior.
Satélite deTerra
Data de lanzamento29 de setembro de 1962[1][2][3]
Foguete portadorThor Agena B[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónEstudo da atmosfera superior e da ionosfera.[2]
NSSDC ID1962-049A
Masa145,7 kg[2][4]
Datos orbitais
Semieixo maior7382,0 km[1]
Inclinación80,5 graos[1]
Apoapse1027,6 km[1]
Periapse994,5 km[1]

Alouette 1 foi o primeiro satélite artificial canadense, e o primeiro satélite construído por un país diferente da Unión Soviética e dos Estados Unidos. Ás veces se lle atribúe equivocamente a Alouette 1 ser o terceiro satélite en ser posto en órbita en lugar de ser o primeiro satélite posto en órbita polo terceiro país en ter un satélite propio, xa que antes de Alouette 1 voaron numerosos outros satélites. Ademais, Canadá non foi o primeiro país en lanzar un satélite: o satélite Ariel 1, do Reino Unido, precedeu a Alouette 1, pero foi construído pola NASA. O nome "Alouette" significa "alondra" en francés e tamén é o título dunha canción popular canadense.

Historia[editar | editar a fonte]

Lanzamento do satélite e progreso da misión[editar | editar a fonte]

Alouette 1 foi lanzado pola NASA desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California, ás 6:05 UTC do 29 de setembro de 1962. Alouette adicouse ó estudo da ionosfera, un area da atmosfera superior na que orbitarían futuros satélites. A misión de Alouette 1 durou dez anos antes de ser apagado e permanece en órbita. En 1966 estimouse que o satélite permanecería en órbita durante 1000 anos.[5]

O satélite estabilizábase mediante xiro, a unhas 1,4 revolucións por minuto despois da extensión das antenas. Tras 500 días en órbita o xiro diminuíu máis do previsto, ata 0,6 r.p.m., fallando a estabilización. Crees que o satélite pasou a quedar estabilizado mediante gradiente gravitatorio coa antena máis longa apuntando cara a Terra. A información sobre a actitude do satélite só podía deducirse das medicións dun único magnetómetro e da temperatura dos escudos termais superior e inferior, polo que o erro na determinación da actitude tiña un erro de ata 10 graos.[2]

Alouette 1 non tiña medios de rexistro a bordo, polo que os datos só estaban dispoñibles cando pasaba cerca dunha estación de telemetría, que estaban situadas principalmente cerca do meridiano dos 80 graos oeste en sitios cerca de Hawai, Singapur, Australia, Europa e África central. Ao principio da misión rexistrábanse datos unhas seis horas por día.[2]

As operacións coa nave finalizaron en setembro de 1972. A finais dos anos 1990 levouse a cabo un esforzo de restauración dos datos gardados da misión, conseguíndose recupera a maior parte dos datos de alta resolución.[2]

Construción duplicada[editar | editar a fonte]

Construíronse dous satélites por redundancia en caso de fallo. A segunda unidade lanzaríase só uns meses despois en caso de que a primeira fallara. Entre a proposta do proxecto e a construción dos satélites pasaron tres anos e medio. Os satélites (un prototipo e as dúas unidades definitivas) foron construídas polo Defense Telecommunications Establishment Electronics Lab, en Otava, Ontario. A estrutura mecánica foi feita en Downsview, Ontario, na fábrica de de Havilland Canada. As baterías foron desenvolvidas por unha sección de DRB e permitiron unha longa vida ao satélite. Unha vez completo, Alouette 1 pesaba 145 kg e foi lanzado por un foguete Thor Agena B. O satélite apoio de Alouette 1 foi lanzado máis tarde como Alouette 2 en 1965.

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Alouette 1 levaba un sondador ionosférico, un receptor VLF, un detector de partículas e un experimento de ruído cósmico.[2] Do corpo do satélite sobresaen dúas antenas dipolo de 45,7 e 22,8 metros, compartidas por tres dos experimentos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ALOUETTE 1 (S-27)" (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (8 de xullo de 2011). "Alouette 1" (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2011. 
  3. "Letter dated 3 December 1962 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (62-27919). 4 de decembro de 1962. Consultado o 22 de novembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Alouette 1, 2" (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2011. 
  5. "Space trash, and an inventory of hardware in orbit". LIFE 61 (6). 1966. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]