Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alonso é un nome masculino e apelido de orixe xermana na súa variante galego-portuguesa. Provén do xermánico Adelfuns, de adel (nobre) e funs (listo, pronto, preparado), polo que significa nobre pronto ao combate. No castelán deu Alfonso, no francés Alphonse e no galego e no portugués: Afonso e Alonso (ás veces escrito coma Alonzo). Ao se tratar dun patronímico moitos fidalgos colleron como apelido o nome de sei pai, polo que todos os Alonso non teñen a mesma orixe. As orixes máis antigas fican en Burgos, Asturias e Galicia. De aí se estenderon ao resto da península na reconquista e de aí a América. As rexións con máis concentración de Alonsos son Asturias e Cantabria.

Índice

Persoeiros galegos sonados [editar]

Nome [editar]

  • Alonso II de Fonseca, Alonso de Acevedo e Fonseca (? - † Santiago de Compostela 1512 ), foi arcebispo de Santiago de Compostela durante o século XV.
  • Alonso III de Fonseca, Alonso de Fonseca e Ulloa, (Santiago de Compostela en 1475), relixioso galego, arcebispo de Compostela e de Toledo.
  • Alonso de Lanzós nobre e dirixente irmandiño do século XV.

Apelido [editar]

  • Xesús Alonso Montero, ensaísta , membro da RAG e do CCG e catedrático de Literatura galega, nado en Vigo en 1928.
  • Antón Alonso Ríos, Antón Hipólito Alonso Ríos, mestre, escritor, líder agrarista e político galego nado en Camporrapado, Cortegada , Silleda en 1887 e finado en 1980.
  • Fran Alonso, Francisco Alonso Villaverde, escritor e filólogo galego, nado en Vigo en 1963.
  • Eduardo Alonso, Eduardo Alonso Rodríguez, director teatral e enxeñeiro técnico naval nado en Vigo en 1948.
  • Eliseo Alonso, Eliseo Alonso Rodríguez, escritor galego en galego e castelán, nado en Goián (Tomiño) en 1924 e finado na Habana en 1996.
  • Pedro Alonso, actor galego nado en Vigo en 1972.
  • Luís Alonso Girgado, editor, escritor, investigador e tradutor galego nado en Ferrol en 1946.
  • Xurxo Alonso, pintor e escritor galego nado en Bos Aires, Arxentina, en 1956.

Persoeiros sonados estranxeiros [editar]

Nome [editar]

Apelido [editar]

Toponimia [editar]

Miscelánea [editar]

Véxase tamén [editar]