Alonissos - Αλόννησος
| Alonissos - Αλόννησος | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Patitiri |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Espóradas |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 2.700 hab. |
| Superficie | 65 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 39°9′N 23°50′E / 39.15°N 23.833°E |
| Maior Altura | 456 m. Kouvouli |
| Localización | |
Alonissos, Alonisos ou Alonnisos (grego:Αλόννησος) é unha illa grega no Mar Exeo . Logo de Skiathos e Skopelos é a terceira das Espóradas. Está a 3 km da illa de Skopelos. Alonissos é tamén o nome dun pobo da illa, así como do municipio que abarca a illa e o pobo.
O pobo de Alonissos atópase na parte sur da illa. É coñecida localmente como Chora (cidade). O principal porto da illa atópase no sueste e chámase Patitiri. Hai servizo de ferry e de hidrofoil de Patitiri a Volos, Agios Konstantinos e Salónica no continente e as illas de Skiathos, Skopelos e Skyros. A baía no extremo sur da illa tamén se chama Alonissos.
O Municipio de Alonissos inclúe as outras illas da Adelfoi, Gioura, Kyra Panagia (Pelagos), Peristera, Piperi, Psathoura e Skantzoura.
Índice |
[editar] Historia
Na Idade Media e ata o século 19, o pobo foi coñecido como Chiliodromia o que significa, un milleiro de rutas. Outros nomes foron Liadromia e Heliodromia. En tempos antigos, o lugar era coñecido como Ikos Evonymos.
[editar] Xeografía
A illa na súa parte máis ancha ten de 4´5 km de noroeste a sueste e no súa parte máis longa ten de 20 km de suroeste a nordés. A illa é na súa maioría de pedra calcaria. Atópase ao leste de Grecia continental da prefectura de Magnesia, ao nordés de Eubea e ao noroeste da illa de Skyros. Alonissos ten unha estrada principal que conduce a tres aldeas na parte occidental da illa e varios camiños por toda a illa.
[editar] A Illa
A agricultura está moi estendida en Alonissos, predominantemente granxas mixtas e viñedos. Os principais produtos son améndoa, uva, figos e olivas. Os abetos son abundantes na illa. Mentres que a pesca é unha profesión popular na illa, o turismo é agora a principal industria.
A vivenda tradicional componse de casas con paredes de pedra, que, ata 1965, estaban centradas na capital. Unha pequena fortaleza protexíaa contra os inimigos e piratas. A illa e o pobo resultaron gravemente danados co terremoto de 1965. Moitos habitantes non volveron ao pobo de Alonissos, pero si a Patitiri. O antigo pobo foi restaurada nos últimos anos, e as casas reconstruídas son agora utilizadas para o turismo.
As praias ao redor da illa son de guixarros. O ecosistema no lado norte da illa está en boas condicións. O Monachus monachus (-Monachus monachus) é común ao redor da illa, e en 1992 foi creado o Parque Mariño de Alonissos para protexer as focas e outros animais.
[editar] Comunidades e subdivisiónses
O municipio comprende varias pequenas illas con poboacións residentes. A superficie total do municipio é de 129´607 km². No censo de poboación de 2001 había 2.700 habitantes, dos cales só 28 persoas vivían nas outras illas.
[editar] Illa de Alonissos
- Agios Petros (Άγιος Πέτρος) [censo de poboación de 2001: 7]
- 'Alonissos' (Αλόννησος) [173]
- Chrysi Milio (Χρυσή Μηλιά)) [35]
- Gerakas (Γέρακας) [24]
- Isiomata (Ισιώματα) [19]
- Kalamákia (Καλαμάκια) [45]
- Marpounta (Μαρπούντα) - abandonada [0]
- Mourtero (Μουρτερό) [65]
- Patitiri (Πατητήρι) [1697]
- Steni Vala (Στενή Βάλα)) [107]
- Votsi (Βότση) [500]
[editar] Outras Illas
- Adelfoi (Αδελφοί) [11]
- Gioura (Γιούρα) [0]
- Kyra Panagia (Κυρά Παναγιά) [10]
- Peristera (Περιστέρα) [5]
- Piperi (Πιπέρι) [2]
- Psathoura (Ψαθούρα) [0]
- Skantzoura (Σκάντζουρα) [0]