Alois Alzheimer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alois Alzheimer
Nacemento14 de xuño de 1864
Lugar de nacementoMarktbreit
Falecemento19 de decembro de 1915
Lugar de falecementoWrocław
CausaFebre reumática
SoterradoOld Jewish Cemetery
NacionalidadeReino de Baviera
Alma máterUniversidade de Würzburg, Universidade de Tubinga e Universidade Humboldt de Berlín
Ocupaciónpsiquiatra, neuropathologist, neurocientífico, profesor universitario, neurólogo e médico
Na rede
WikiTree: Alzheimer-11 Find a Grave: 10688 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Alois Alzheimer

Alois Alzheimer, nado en Marktbreit (Baviera) o 14 de xuño de 1864 e finado en Breslau o 19 de decembro de 1915, foi un psiquiatra e neurólogo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alzheimer identificou por vez primeira os síntomas do mal que despois se coñecería como alzhéimer. Observounos nunha paciente que viu en 1901, e publicou en 1906 os descubrimentos que fixo ao examinar post mórtem o seu cerebro.

Alzheimer estudou nas universidades de Tubinga, Berlín e Würzburg, onde se licenciou en Medicina en 1887. Ao ano seguinte estivo cinco meses asistindo a enfermas mentais, antes de ocuparse dunha consulta nun asilo mental de Frankfurt. Alí coñeceu ao neurólogo Franz Nissl (1860-1919). Gran parte do traballo de Alzheimer en patoloxía cerebral baséase no método de Nissl, que consistía nunha tintura de prata das seccións histolóxicas.

Foi cofundador e copublicador da revista Zeitschrift für die gesamte Neurologie und Psychiatrie. Non escribiu ningunha obra en solitario.

En decembro de 1915 Alzheimer enfermou durante unha viaxe en tren a Wrocław. Probablemente afectoulle unha infección de estreptococo que lle provocou febre e insuficiencia renal. Morreu aos 51 anos dun ataque ao corazón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]