Alogamia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A alogamia é un tipo de reprodución sexual en plantas consistente na polinización cruzada e fecundación entre individuos xenéticamente diferentes. Este tipo de reprodución favorece a produción de individuos xenéticamente novos e, por ende, a xeración constante de variabilidade xenética nas poboacións. Existen mecanismos que favorecen a polinización cruzada en plantas tales como a autoincompatibilidade, a heterostilia, a hercogamia e a dioecia.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Notas [editar]
- Frankel, R. & Galun, E.: "Pollination mechanisms, reproduction, and plant breeding". Monografía no número 2 de Theoretical and Applied Genetics. Springer-Verlag. Berlín, 1977. 281 p.