Alofi
| Alofi | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Subrexión: | |
| Distrito: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 21 msnm |
| Superficie: | 46´48 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 581 hab. (2006) |
| Densidade de poboación: | 12´5 hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | |
Alofi é a capital de Niue, un país situado no Océano Pacífico. Ten unha poboación estimada de 581 habitantes segundo o censo realizado en 2006. Está situada no centro da baía de Alofi na costa oeste da illa, fronte ao arrecife de coral que a circunda; a unha distancia de 2481´43 km de Auckland, capital de Nova Zelandia. A cidade esta formada por dous barrios; Alofi Norte e Alofi Sur, sendo este último o máis poboado e onde se atopa a sede do goberno.
Transportes [editar]
A gran maioría das rúas da cidade atópanse pavimentadas, na cidade non existen liñas de autobus debido a que non é necesario pola súa baixa poboación, o que se que existen son autobuses que se collen no centro da cidade e trasládanche a outro punto de Niue, tambien existen algúns cidadáns que acambio de algo de diñeiro exercen de taxistas posto que a localidade tampouco dispón de taxis. No terreo aereo, a cidade é servida polo Aeroporto Internacional de Niue, situado 7 km ao norte da mesma e que conta con voos operados por Air New Zealand con destino Nova Zelandia.
Ciclón [editar]
En xaneiro de 2004, o ciclón Heta matou dúas persoas e destruíu a maior parte da illa, incluíndo o hospital. Os edificios gobernamentais foron, a partir de entón, transferidos a un área menos exposta, chamada Fonauakula, que se sitúa 3 km cara ao interior da illa, pero aínda dentro dos límites de Alofi Sur.