Almudena Cid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Almudena Cid Tostado, nada en Vitoria o 15 de xuño de 1980, é unha ex-ximnasta española que competiu na disciplina de ximnasia rítmica e que participou en catro Olimpíadas (1996-2008), sendo a única ximnasta rítmica no mundo que disputou catro finais olímpicas. Abandonou o deporte profesional o 23 de agosto de 2008.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a practicar ximnasia rítmica ós 7 anos no colexio, aínda que máis tarde incorporaríase á Asociación Deportiva Betti Aurrera de Vitoria.

Con 13 anos foi reclamada pola búlgara Emilia Boneva para entrar no equipo nacional individual que se concentraba permanentemente nuns chalés en Vicálvaro.

Nin Almudena cos seus 15 anos, nin os seus pais e familiares imaxinaban que entraría a formar parte do equipo nacional de ximnasia rítmica con tan curta idade. Tan só un ano despois, participaría nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, dos que se acadou un diploma coa súa 9ª posición con tan só 16 anos.

En Sidney 2000 conseguiu acudir de novo e disputar outra final onde repetiu o 9º posto.

En Atenas clasificouse unha vez máis despois dunha dura pugna pola única praza coa alacantina Jennifer Colino. Disputou a final e conseguiu unha fenomenal 8ª praza conseguindo ser a única ximnasta no mundo capaz de disputar tres finais olímpicas consecutivas.

Almudena ten un palmarés moi amplo, entre os seus logros están 6 campionatos de España, oito mundiais e dez europeos como finalista por aparellos, boas posicións nos Xogos Olímpicos ou a vitoria nos Xogos Mediterráneos de Almería 2005.

Proclamouse unha vez máis campioa de España absoluta en xuño de 2007, particou nas Olimpíadas de Pekín 2008 quedando oitava na final olímpica e retirouse da competición profesional o 23 de agosto de 2008.

Logo da súa retirada apareceu en programas de televisión, foi adestradora no programa Circus, más difícil todavía de Cuatro e presentou unha sección en El Hormiguero e o programa de Telecinco Guerra de sesos con Jesús Vázquez en 2009.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Almudena é a única muller no mundo que conseguiu estar en catro finais olímpicas consecutivas.
  • Almudena fala tres idiomas: euskera, español e inglés. Está aprendendo francés e alemán.
  • Concursou no programa de patinaxe artístico "El Desafío Bajo Cero", onde gañou.
  • Ten feito traballos publicitarios e desfiles como modelo. Participou como actriz, interpretándose a si mesma, na serie de televisión Un paso adelante.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Almudena Cid coñeceu a Christian Gálvez en Pasapalabra, programa que presentaba cando foi de invitada. Logo de saír durante tres anos, casaron o 7 de agosto de 2010 nunha leira de Torrelodones (Comunidade de Madrid, España). O alcalde de Móstoles, cidade natal de Christian, foi o encargado de casalos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]