Almassora - Almazora
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Almassora ou Almazora[1] é un municipio da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Castelló. Forma parte da comarca da Plana Alta. En 2009 contaba cunha poboación de 24.963 habitantes segundo o INE.
O concello, situado a beiras do río Millars, está a carón da costa mediterránea. Limita cos concellos de Castelló de la Plana, Vila-real, Onda e Borriana.
A principal actividade económica está relacionada coa industria cerámica de pavimentos e revestimentos cerámicos e un amplo sector de servizos para a cerámica; séguelle o sector da construción e a agricultura de cítricos en plena transformación varietal.
[editar] Notas
- ↑ Almassora é o topónimo en valenciano e Almazora é o topónimo en castelán. Ambos son oficiais.