All Tomorrow's Parties

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

All Tomorrow's Parties é un festival de música que se celebra nas colonias de vacacións de Camber Sands, East Sussex e de Butlin en Minehead, Somerset, ámbalas dúas localizadas en Inglaterra.

Chamado así pola canción "All Tomorrow's Parties" de The Velvet Underground, foi fundado por Barry Hogan en 1999 como unha alternativa a festivais máis grandes e máis corporativos como os de Reading ou Glastonbury, e cunha tendencia cara o post-rock, a música de vangarda e o hip-hop máis underground, xunto co rock máis tradicional, pero presentado nun ambiente máis íntimo que un gran estadio ou un enorme campo. All Tomorrow's Parties é un festival sen patrocinadores, onde os organizadores e artistas están nas mesmas instalacións que os asistentes.