Alianza do Pobo para a Democracia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Demostración da APD no centro de Bangkok en agosto.

A Alianza do Pobo para a Democracia (en tailandés: พันธมิตรประชาชนเพื่อประชาธิปไตย) é un movemento político establecido en Tailandia en 2005 que aglutinaba aos opositores ao goberno do entón primeiro ministsro Thaksin Shinawatra. Os seus principais líderes son Sondhi Limthongkul e Chamlong Srimuang e a Alianza xogou un papel fundamental na crise política tai de 2005-2006 que se resolveu cun golpe de estado do exército e a marcha ao exilio do primeiro ministro. A Alianza disolveuse dous días despois ao declarar que se cumpriran todos os seus obxectivos pero volveu á actividade logo da vitoria do Partido do Poder do Pobo nas eleccións xerais de 2007 e a elección de Samak Sundaravej, un antigo colaborador de Shinawatra como primeiro ministro en xaneiro de 2008. En maio comezaron as protestas na rúa e en agosto tomou a Casa do goberno para conseguir a dimisión do goberno. Tras a decisión en setembro de 2008 do Tribunal Constitucional que obrigaba ao primeiro ministro a cesar e a elección dun novo primeiro ministro, Somchai Wongsawat cuñado de Shinawatra, a oposición intensificouse. O 25 de novembro membros da APD tomaron o aeroporto internacional de Bangkok impedindo o tráfico aéreo e atrapando nel a milleiros de viaxeiros e turistas nacionais e estranxeiros.