Alianza Macedonia pola Integración Europea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Alianza Macedonia pola Integración Europea é un partido político albanés que pretende representar a minoría macedonia de Albania que vive principalmente en Golo Brdo, Gora e Prespa. Rexistrouse en xuño de 2005. O partido está dirixido por Eftim Mitrevski. Nas eleccións xerais de 2005 apoiou a todos os candidatos de orixe macedonia que se presentaban por outros partidos.