Alhucemas (penedo)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Peñón de Alhucemas
Peñón de Alhucemas
Mapa dos territorios de soberanía española no Norte de África
Mapa dos territorios de soberanía española no Norte de África

O penedo de Alhucemas (en español peñón de Alhucemas) é un illote do Mediterráneo occidental, pertencente a España e situado na baía homónima, a 450 m da costa de Marrocos.

Integra, xunto con dous illotes deshabitados, o illote de Tierra e o de Mar, as illas Alhucemas. Ambos illotes fóronlle cedidos por Marrocos en 1957, tras acceder este último país á independencia.

O penedo mide uns 170 metros de longo por 86 de largo, conta cunha extensión superficial aproximada de 0,15 km² e ten unha altitude máxima de 27 metros. Dispón dunha igrexa, un faro, varias casas, un porto e un forte con almacéns. É o punto de amarre de varios cabos submariños unidos a Melilla, Ceuta e á Península Ibérica.

Custódiano de forma permanente forzas militares pertencentes ao Corpo de Regulares de Melilla.


[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais