Algeciras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°08′N 05°27′W / 36.133°N 5.45°W / 36.133; -5.45

Algeciras
Flag maritime algeciras.svg AlgecirasEscudo.png
Situación xeográfica
Map of Algeciras (Cádiz).png
Estado: España España
Comunidade Autónoma: Andalucía
Provincia: Cádiz
Comarca: Campo de Xibraltar
Xeografía
Altitude: 20 (máx. 785) msnm
Superficie: 86 km²
Poboación
Poboación total: 116.209 hab. (2009)
Densidade de poboación: 1.351,27 hab./km²
Xentilicio: Alxecireño, ña
Información
Código postal: 11200-11209
Alcalde: José Ignacio Landaluce Calleja (PP)
Sitio na web: www.algeciras.es
Porto de Algeciras.

Algeciras é unha cidade e municipio do sur de España, situado no Campo de Xibraltar, provincia de Cádiz, Andalucía.

Está situada na baía de Algeciras, un enclave xeográfico estratéxico por acharse no estreito de Xibraltar, lugar de contacto entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Esta situación fixo que posea o porto marítimo con maior tránsito de persoas e mercancías entre Europa e África, concretamente entre España e Marrocos[1].

Algeciras con 115.333 habitantes é o duodécimo municipio de Andalucía e o terceiro da provincia en termos poboacionais, tras Jerez de la Frontera e Cádiz respectivamente, aínda que as tendencias demográficas do padrón indican que avantaxará á capital provincial ao redor de 2013.[2]

Índice

Toponimia [editar]

Imaxe satélite da Cidade de Algeciras.

O nome Algeciras procede do árabe الجزيرة الخضراء Al-Yazira al-Jadrā', "a illa verde", pola illa que se encontraba na súa costa antes de ser anexionada polo porto.[3] Tamén podería proceder de الجزائر Al-Yazā'ir ("as illas"). Este nome naceu no ano 711 cos primeiros musulmáns que chegaron á Península Ibérica. Anteriormente, na época romana a cidade situada no que actualmente é o centro da cidade denominouse Iulia Traducta, nome que fai referencia a que foi poboada por disidentes ao imperio romano procedentes de Tánxer. Aparece designada tamén como Tingentera, interpretada como Tingis altera ou "a outra Tingis", e como Iulia Ioza en púnico.[4]

O xentilicio é "algecireño-a" e procede do nome castellano de Algeciras. Como outras cidades da zona (La Línea, Xibraltar, Ceuta, etc.) os seus cidadáns teñen un xentilicio particular popular, así aos alxecireños chámanselle "especiales", segundo pode ser, porque na zona dábase no pasado un viño chamado Especial.

Demografía [editar]

Evolución demográfica
1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2008
19.417 21.431 25.671 52.732 66.317 81.662 86.042 101.556 104.087 115.333

Economía [editar]

Algeciras é o motor comercial da comarca. As súas industrias principais son a petroquímica e a pesca. O porto de Algeciras é o máis importante de España en tráfico total de mercadorías, cun movemento total de 74,8 millóns de toneladas en 2008.[5]

Lugares de interese [editar]

Praza Alta de Algeciras e igrexa da Palma

Arqueoloxía [editar]

  • Fornos Romanos de El Rinconcillo
  • Factoría de salgaduras da rúa San Nicolás (s.I)
  • Restos da Mezquita Aljama (s.VIII)
  • Parque Arqueolóxico das Murallas Meriníes (s.XIII)

Arquitectura civil [editar]

  • Praza Alta de Algeciras
  • Praza Juan de Lima
  • Vila Vella de Algeciras
  • Acueduto de Algeciras
  • Mercado de abastos de Algeciras
  • Escola de arte

Arquitectura relixiosa [editar]

  • Capela de Nosa Señora de Europa
  • Igrexa de Nosa Señora da Palma
  • Capela da Caridade
  • Capela do Santo Cristo da Alameda

Zonas verdes [editar]

  • Parque María Cristina
  • Parque das Acacias
  • Parque do Saladillo
  • Parque do Centenario

Cultura [editar]

  • Museo municipal de Algeciras
  • Museo de Arte Sacra
  • Teatro Florida
  • Fundación Municipal de Cultura José Luis Cano

Fillos ilustres [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]


Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: