Alfredo Trombetti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alfredo Trombetti, nado en Boloña o 16 de xaneiro de 1866 e finado en 1929, foi un lingüista italiano que desenvolveu a súa actividade, sobre todo, nas tres primeiras décadas do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trombetti graduouse na súa cidade natal en 1891 e obtivo no 1904 o Premio Real da Accademia dei Lincei. No mesmo 1904 tornouse profesor titular de Filoloxía semítica, sempre en Boloña, e no 1912 de Ciencia da linguaxe. Faleceu en Lido de Venecia o 5 de xullo de 1929.

Teorías de Trombetti[editar | editar a fonte]

É coñecido como defensor da teoría monoxenética das línguas, consonte a cal todas as línguas do mundo remontan a unha única lingua ancestral. Os argumentos a prol da monogénese forn presentados no seu libro L'Unità d'origine del linguaggio, publicado en 1905. Esta hipótese orixinou unha forte controversia na época e continúa a producila na actualidade (2008), se ben é certo que nos últimos anos hai relevantes defensores dos seus postulados.

Ao respecto do vasco, Trombetti, aínda que non o primeiro, foi un defensor do seu parentesco con as linguas do Cáucaso, máis mesturou no grupo caucásico tamén linguas indoeuropeas, como o hetita, o que minaría os seus argumentos[1]

Obras de Trombetti (selección)[editar | editar a fonte]

  • 1905. L'Unità d'origine del linguaggio. Bologna: Luigi Beltrami.
  • 1907. Come si fa la critica di un libro. Con nuovi contributi alla dottrina della monogenesi del linguaggio e alla glottologia generale comparata. Bologna: Luigi Beltrami.
  • 1912. Manuale dell'arabo parlato a Tripoli. Grammatica, letture e vocabolario. Bologna: Luigi Beltrami.
  • 1922-1923. Elementi di glottologia, 2 volumes. Bologna: Zanichelli.
  • 1925. Le origini della lingua basca. Bologna: Azzoguidi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Michel Morvan, Les origines linguistiques du basque. Presses universitaires de Bordeaux. 1996, páxs. 54-55