Alfredo Suárez Canal
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfredo Suárez Canal, nado en Allariz en 1951, é un político galego.
[editar] Traxectoria
Estudou matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor de ensino secundario. É un dos membros fundadores do BNG e da ING. Foi concelleiro en Allariz e deputado provincial de Ourense. Deputado no Parlamento de Galicia (1993-2005), e membro do Consello Nacional do BNG.
Logo dunha longa carreira política, foi nomeado conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, entre 2005 e o 2009.
Foi a cara visible do goberno galego na vaga de incendios que asolou Galiza en agosto do 2006.
| Predecesor: José Antonio Santiso Miramontes |
conselleiro do Medio Rural 2005-2009 |
Sucesor: Samuel Juárez |