Alfredo Pérez Viondi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfredo Pérez Viondi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1861 Editar o valor em Wikidata
Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte28 de abril de 1938 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , militar , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Alfredo Pérez Viondi, nado en Cuba en 1861 e finado en Vigo o 28 de abril de 1938.[1] foi un médico, militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou no Exército en 1896 e participou na guerra de Cuba e en África chegando a ser tenente coronel do corpo de sanidade militar. Médico militar da zona da Estrada, casou en 1897 con Sara Pereira Renda (filla de Camilo Pereira Freijenedo e irmá de Virxinia Pereira Renda, que en 1912 casou con Castelao).[2] Prestou servizos no Protectorado Español de Marrocos e despois no Hospital Militar de Carabanchel. Co apoio dos sectores anticaciquís e do xornal El Emigrado, presentouse en 1920 e 1923 ás eleccións a Cortes polo distrito da Estrada, pero non foi elixido. Foi director do Hospital Militar de Vigo (1922), na Ditadura de Primo de Rivera foi alcalde de Vigo (1929-1930) e gobernador civil da Provincia de Huesca. Foi presidente da Sociedad Casino de Vigo co acerto de trasladalo ó edificio do Teatro García Barbón.

Na primavera de 1935 presidiu o acto de constitución do Consello comarcal de Vigo do Partido Agrario Español.[3]

Foi franquista e Gobernador Civil co seu réxime. Tivo diversas condecoracións: Cruz e Placa de S. Hermenexildo, Militar do Mérito Naval, da Cruz Vermella, de Mª Cristina, a Lexión de Honor Francesa etc.

Como alcalde de Vigo, preocupouse do sanitario e benéfico, Policía Municipal e adecentamento das vías públicas: finalización da praza de Portugal e arranxo de varias rúas e a aprobación de proxectos para as principais vías do barrio de Casablanca.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 29-4-1938, p. 4.
  2. Arca Caldas, Olimpio (1999). "As dúas mulleres de Castelao" (PDF). A Estrada: Miscelánea histórica e cultural (2): 9–47. 
  3. El Pueblo Gallego, 24-4-1935, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Mauro Alonso Cuenca
 
Alcalde de Vigo
 
1929 - 1930
Sucesor:
Manuel San Román Ceballos