Alfredo Moreno Osorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfredo Moreno Osorio
Biografía
Nacemento1871 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Mortenovembro de 1933 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro de camiños Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosé Moreno Torres (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJosé Moreno Osorio Editar o valor em Wikidata

Alfredo Moreno Osorio, nado na Coruña en 1871 e finado en Madrid en novembro de 1933,[1] foi un enxeñeiro de camiños galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Alfredo Moreno Moscoso de Altamira, III conde de Fontao, e de María de los Dolores Osorio Chacón. Foi irmán do tamén enxeñeiro José Moreno Osorio.

Acadou sona ao traballar canda a Antonio González Echarte e Carlos Mendoza Saéz de Argandoña. En 1904, creou en Madrid o gabinete de enxeñaría Mengemor (acróstico formado coas primeiras sílabas dos apelidos dos fundadores: Mendoza, González-Echarte e Moreno).

Os seus primeiros traballos con este gabinete foron a construción de saltos, encoros e diversas construcións relacionadas coa industria hidroeléctrica[2][3], algunhas delas en colaboración co seu consogro, Rafael Benjumea Burín, e co seu curmán político, Joaquín de Arteaga.

En 1924 o rei Afonso XIII concedeulle o condado de Santa Marta de Babío.

Familia[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Torres Calderón e tivo seis fillos:

  • José Moreno Torres, alcalde de Madrid e II conde de Santa Marta de Babío, casado con Isabel Benjumea Heredia;
  • Jacobo Moreno Torres, casado con Ángela Mercader;
  • Milagros Moreno Torres, casada con Joaquín Crespí de Valldaura Cavero;
  • Carmen Moreno Torres, casada con Juan Goyeneche San Gil; pais do xinete olímpico Alfredo Goyeneche Moreno;
  • Alfredo Moreno Torres, casado con Gabriela Poveda Echagüe;
  • Pedro Moreno Torres, casado con Dolores de la Cuesta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 25-11-1933, p. 2
  2. «Ingenieros-empresarios en el desarrollo del sector eléctrico español: Mengemor, 1904-1951», Revista de Historia Industrial, nº 3. Abril de 1993, pp:93-126
  3. 1954 - «Jurisprudencia civil», Volumen 35, Tribunal Supremo, España. Ministerio de Justica