Alfredo Stroessner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfredo Stroessner

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Alfredo Stroessner Matiauda Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Encarnación, Paraguai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 2006 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Brasilia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Presidente de Paraguai
15 de agosto de 1954 – 3 de febreiro de 1989
← Tomás Romero Pereira (pt) TraducirAndrés Rodríguez (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeParaguai Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónMar. Francisco Solano López Military Academy (en) Traducir
Escola de Aperfeiçoamento de Oficiais (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , oficial Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1929 Editar o valor em Wikidata - 1989 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Colorado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresErnesto Geisel Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Paraguaio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militargeneral de exército (pt) Traducir
general de divisão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra do Chaco, Revolução Febrerista (pt) Traducir, Guerra civil paraguaia (pt) Traducir, Golpe de Estado no Paraguai em 1954 (pt) Traducir, Invasão da República Dominicana pelos Estados Unidos em 1965 (pt) Traducir e Golpe de Estado no Paraguai em 1989 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLigia Stroessner
FillosGustavo Stroessner (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Stroessner_Matiauda-1 Find a Grave: 15405951 Editar o valor em Wikidata

Alfredo Stroessner Matiauda, nado o 3 de novembro de 1912 en Encarnación, e finado o 16 de agosto de 2006 en Brasilia, foi un militar, político e ditador paraguaio. Foi Presidente de Paraguai entre o 15 de agosto de 1954 e o 3 de febreiro de 1989, onde exerceu unha ditadura que durou 35 anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun inmigrante alemán, estudou no Colexio Militar de Asunción, e aos vinte anos alistouse no exército paraguaio, onde realizou unha brillante carreira que lle permitiu ascender rapidamente, ata chegar a ocupar o cargo de comandante en xefe militar en 1951.

En 1954 derrocou o presidente Federico Chávez Careaga nun golpe militar asumindo a presidencia tras unhas eleccións, nas que foi o único candidato. Controlou o país co apoio do Partido Colorado e do Exército, suprimiu pola forza a oposición e aboliu a liberdade de prensa. No seu mandato, ditadores e antigos membros do Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores alemán atoparon refuxio en Paraguai. Usou a axuda estranxeira para reducir a inflación e crear escolas, estradas, hospitais e centrais hidroeléctricas. Promulgou unha nova Constitución en 1967 e reformouna en 1977 para crear dispositivos legais que permitisen a prolongación do seu mandato, ata que foi derrocado en 1989 por un golpe militar dirixido polo xeneral Andrés Rodríguez.

Durante o Goberno de Stroessner calcúlase que preto de 30 000 persoas desapareceron ou foron asasinadas en Paraguai. Foi condenado por asasinato e os tribunais paraguaios seguiron máis de 30 procesos criminais por torturas, asasinatos e desaparicións ocorridos na época. En setembro de 2004 un xuíz de Paraguai ordenou a captura e extradición do antigo dirixente asilado no Brasil. O maxistrado Gustavo Santander emitiu a orde baseada na desaparición de tres persoas que serían arrestadas durante o desenvolvemento da denominada "Operación Cóndor", o plan de coordinación da represión levado a cabo polos servizos de intelixencia militar do Cono Sur nas décadas de 1970 e 1980. O expresidente de Paraguai Alfredo Stroessner morreu o mércores 16 de agosto de 2006 en Brasilia aos 93 anos. Estaba hospitalizado nunha clínica da capital brasileira debido a problemas pulmonares.

Golpe de estado de 1954[editar | editar a fonte]

En 1954, foi ascendido a Xeneral de División, e o 5 de maio do mesmo ano, co apoio do goberno dos Estados Unidos, encabezou un golpe de estado, polo cal derrocou ao presidente Federico Chávez Careaga, do seu mesmo partido e líder do sector democrático, o cal, durante o seu mandato, restablecera en Paraguai as garantías individuais.

Durante esta ditadura mantivo formalmente algunhas das institucións democráticas (por exemplo, as eleccións), apoiou a súa política económica nunha violenta represión. Declarouse o Estado de sitio permanente (que só era suspendido algúns días antes das eleccións), multiplicáronse as torturas e as persecucións policiais masivas e organizouse unha rede de espionaxe que vixiaba e denunciaba a todo individuo sospeitoso de actividades antigobernamentais.

O autoritarismo e o conxunto de medidas represivas aplicadas pola ditadura, impediron o desenvolvemento e organización dos opositores. As dificultades para as actividades dos partidos políticos e a persecución emprendida contra os membros das ligas agrarias levaron a que, a mediados da década de 1960 , se creasen algunhas organizacións que consideraron que a vía armada era o único camiño para derrocar o ditador e levar adiante os cambios necesarios para o establecemento dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

A pesar de apoiar aos grandes terratenentes e os intereses comerciais internacionais, utilizou a axuda estranxeira para estabilizar a moeda, reducir a inflación e crear escolas, estradas, hospitais e centrais hidroeléctricas. A outra cara da moeda do seu goberno foi o destino ao que se viron abocados moitos paraguaios como consecuencia da súa ditadura: o exilio, a tortura, a persecución ou a morte. Durante o seu réxime foron asasinadas entre 3 000 e 4 000 persoas, debido ás súas tácticas de man dura.

En 1967 promulgou unha nova Constitución, que foi reformada dez anos máis tarde para crear dispositivos legais que permitisen a prolongación indefinida do seu mandato. Cara ao final do seu longo goberno, a sociedade paraguaia viuse convulsionada por numerosos conflitos políticos, que conduciron a unha asfixiante situación social, que finalmente derivou no derrocamento do réxime, en 1989.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]