Alfred Stieglitz
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfred Stieglitz, nado Hoboken o 1 de xaneiro de 1864 e finado en Lake George o 13 de xullo de 1946, foi un fotógrafo estadounidense.
Traxectoria [editar]
Durante os seus cincuenta anos de carreira loitou por facer da fotografía unha forma de arte ao nivel da pintura e da escultura. Para acadar este obxectivo empezou explorando dentro do campo de fotografía as capacidades propias da pintura (composición, texturas...) para despois recorrer a elementos propiamente fotográficos (profundidade de campo, efecto de corte fotográfico...). Pasou así do pictorialismo á chamada fotografa directa. Stieglitz tamén é coñecido polo seu matrimonio coa pintora Georgia O'Keeffe.