Alfred North Whitehead
Alfred North Whitehead, OM, nado en Ramsgate o 15 de febreiro de 1861 e finado en Cambridge, Massachusetts o 30 de decembro de 1947, foi un matemático e filósofo inglés.
Traxectoria [editar]
Nado en Ramsgate (Kent, Inglaterra), faleceu en Cambridge, Massachusetts, (Estados Unidos). Publicou traballos sobre álxebra, lóxica, fundamentos das matemáticas, filosofía da ciencia, física, metafísica, epistemoloxía e educación. O traballo máis coñecido, do que é coautor con Bertrand Russell é Principia Mathematica, nese tempo partindo dunha teoría relacionista (o máis ben relativista) do espazo centrou a súa epistemoloxía na natureza das cousas, e mantivo tal postura ata ós 1930s a partir de entón, a súa obra tomou visos metafísicos.
Whitehead foi profesor nas universidades de Londres e de Cambridge na que destacou polos seus estudos lóxico-matemáticos, logo en Estados Unidos foi director da cátedra de filosofía na Universidade Harvard tendo entre os seus discípulos a Quine.
Principais obras [editar]
- Álxebra universal (1898),
- Principia Mathematica (1910–1913) en coautoría con Russell.
- Sobre os conceptos matemáticos do mundo material (1905),
- O concepto de natureza (1920),
- Proceso e realidade (1929)
- Aventuras das ideas (1933),
- Modos de coñecemento (1938).