Afonso XII de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alfonso XII»)
Infotaula de personaAfonso XII de España

(1875) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Alfonso XII Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alfonso Francisco de Asís Fernando Pío Juan María de la Concepción Gregorio Pelayo de Borbón y Borbón Editar o valor em Wikidata
28 de novembro de 1857 Editar o valor em Wikidata
Palacio Real de Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de novembro de 1885 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Palacio Real de El Pardo, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose e Disentería Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Monarca de España
29 de decembro de 1874 – 25 de novembro de 1885
← Amadeu I de EspañaAfonso XIII de España →
Xefe de Estado de España
29 de decembro de 1874 – 25 de novembro de 1885
Príncipe de Asturias
1857 – 1868
← Isabel de Borbón y BorbónIsabel de Borbón y Borbón → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalacio Real de Madrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Military College, Sandhurst (en) Traducir (1872–)
Theresian Military Academy (en) Traducir (–1872)
Collège Stanislas (París)
Theresianum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua francesa, lingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de España
Rei de León
Rei de Galicia
King of Granada (en) Traducir
Rei de Navarra
Rei de Castela
Rei de Aragón
Lista dos reis de Jerusalém (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Borbón-Anjou Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaría Cristina de Habsburgo-Lorena (1879–)
María de las Mercedes de Orleans (1878–) Editar o valor em Wikidata
ParellaAdelaide Borghi-Mamo (pt) Traducir
Elena Sanz y Martinez de Arrizala Editar o valor em Wikidata
FillosMaría de las Mercedes de Borbón y Habsburgo-Lorena, Alfonso Sanz y Martínez de Arrizala (en) Traducir, Fernand Sanz, María Teresa de Borbón, Afonso XIII de España Editar o valor em Wikidata
PaisFrancisco de Asís de Borbón Editar o valor em Wikidata  e Isabel II de España Editar o valor em Wikidata
IrmánsFernando Francisco de Bourbon (pt) Traducir, Maria de Pilar, Infanta de Espanha (pt) Traducir, Isabel de Borbón y Borbón, Eulália (pt) Traducir, Maria da Paz, Infanta de Espanha (pt) Traducir, Maria da Conceição de Bourbon (pt) Traducir e Infante Francisco de Asís of Spain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 351418 WikiTree: Bourbon-74 Find a Grave: 3968 Editar o valor em Wikidata

Afonso XII, alcumado O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e finado en El Pardo (Madrid) o 25 de novembro de 1885, foi rei de España entre 1875 e 1885.

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apuntan a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo aínda un neno os seus pais foron destronados pola revolución de 1868, "La Gloriosa", e foron obrigados a exiliarse, polo que se educou en diversas cidades europeas como París, Viena etc. A súa nai renunciou ao seu cargo como raíña en favor do seu fillo, nun documento que firmou en París en 1870. Nestes anos sucedéronse varios gobernos provisionais (1868-70), o reinado de Amadeu I de Savoia e a Primeira República española (1873-1874). Esta foi liquidada polo xeneral Pavía, e grazas a isto, abriuse un período de gobernos provisionais. Durante esta etapa histórica (sexenio Revolucionario).

O 1 de decembro, Afonso fixo público un manifesto (Manifesto de Sandhurst), presentándose aos españois como príncipe católico, español, constitucional e desexoso de servilos. O 29 de decembro de 1874 prodúcese a restauración da monarquía en España. Naquel momento, o xefe do estado era o xeneral Serrano, imposto a raíz do golpe de estado do xeneral Manuel Pavía que supuxera a caída da Primeira República. O xefe de goberno provisional era Práxedes Mateo Sagasta.

En xaneiro de 1875 chegou a España e foi proclamado rei perante as Cortes Españolas. O seu reinado consistiu en restaurar a monarquía e o país arranxando as disputas internas, adquirindo así o seu alcume de "Pacificador".

Un ano máis tarde, en 1876, aprobouse a nova Constitución. Durante ese ano rematou a terceira guerra carlista.

Busto de Afonso XII nunha moeda, gravado por G. Sellán.

Afonso XII realizou en 1883 unha visita oficial a Bélxica, Austria, Alemaña e Francia. Alemaña tratou de ocupar as illas Carolinas, naquel momento baixo dominio español, provocando un incidente entre os dous países que se saldou a favor de España coa sinatura do acordo hispanoalemán en 1885. Ese mesmo ano atopouse un gromo de cólera en Aranjuez.

Pouco despois o rei morreu de tuberculose o día 25 de novembro de 1885 no Palacio del Pardo en Madrid.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Casou dúas veces, primeiro coa súa curmá, María de las Mercedes de Orleáns, filla dos duques de Montpensier,[1] quen morreu de tifo uns meses despois de casaren. Despois casou con María Cristina de Habsburgo-Lorena, con quen tivo tres fillos.

Fillos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Comellas García-Llera, José Luis (2014). Historia de España contemporánea (10ª ed.). RIALP. p. 256. ISBN 978-84-321-4346-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ningún
(Francisco Serrano,
Presidente da República)
 
Rei de España
 
1874 - 1885
Sucesor:
Afonso XIII