Alfonso Fandiño Ricart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfonso Fandiño Ricart
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de setembro de 1991 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata

Francisco Alfonso Fandiño Ricart, nado en Santiago de Compostela cara 1908 e finado na Coruña o 17 de setembro de 1991, foi un militante anarcosindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pintor de profesión e militante anarcosindicalista como os seus irmáns Antonio e Manuel, cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era secretario da Federación Local de Sindicatos de Santiago de Compostela integrada na CNT. Artellou a expedición proletaria que saíu en axuda dos obreiros coruñeses. Fracasada a resistencia, fuxiu dende Muros nun bou cara a Francia. Dende alí volveu a Asturias e foi un dos animadores e secretario da Agrupación Confederal Galaica de Asturias e xa en Valencia da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Coa derrota da República, marchou ao exilio en Francia [Cómpre referencia]. Regresou á Coruña nos anos sesenta e defendeu a volta da CNT á legalidade previo pacto cos xerarcas falanxistas da CNS. Cando caeu o franquismo, militou na CNT. Finou na Coruña o 17 de setembro de 1991.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Mercedes Búa Tajes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-9-1991, p. 65.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]